xoves, 9 de abril de 2015

18 de Abril, 2015 - Día de Acción Global contra o Tratado Transatlántico de Comercio e inversións entre Estados Unidos e a Unión Europea - TTIP

Día de Acción Global
18 de abril do 2015

As Persoas e o Planeta antes que o Beneficio Corporativo


Chamamento de acción global para deter os Tratados de libre comercio e investimentos

Nós , as organizacións da sociedade civil, sindicalistas, campesiñas e campesiños, xuventude, homes e mulleres activistas de movementos de todas partes do mundo, chamamos a un Día de acción global a realizarse o 18 de abril do 2015 co fin de parar os acordos de libre comercio e investimentos e promover unha economía que funcione para as persoas, e o medio ambiente.

Ao longo das últimas décadas, as empresas transnacionais e os gobernos impulsaron tratados de libre comercio e de investimentos ás costas da cidadanía, vulnerando os nosos dereitos e os do medio ambiente.

Ao longo das últimas décadas, loitamos pola soberanía alimentaria, polos nosos bens comúns, pola defensa dos nosos empregos, os nosos territorios, as liberdades en internet, mentres esixiamos democracia. No camiño, crecemos como movemento, logramos que escoiten as nosas voces e logramos moitas vitorias.

Entre todas podemos parar os acordos que se están negociado e traballar para revertir os impactos nocivos dos tratados pasados. Xuntas impulsamos as nosas alternativas que se fundamentan na primacía dos dereitos humanos por encima dos privilexios e beneficios das grandes empresas.

No Día Global do Comercio queremos enviar un sinal alto e claro contra os acordos para o comercio e a inversión que ameazan os nosos dereitos democráticos, a nosa soberanía alimentaria, os nosos empregos, e o medio ambiente. Xa existen milleiros de tratados deste tipo a nivel mundial; outros estanse a negociar ou ratificar. O TTIP, TTP, TISA e CETA son algúns exemplos. No Día Global do Comercio denunciamos os acordos que nos afectan directamente, do mesmo xeito que pretendemos xerar conciencia sobre acordos similares noutras partes do mundo guiados pola mesma axenda semellante de desregulación e liberalización continua. Podes ler mais acerca disto no noso Chamamento á Acción.

No mapa inferior podes ver onde terán lugar actividades no día 18 de abril e na preparación do Día Global do Comercio. Hai algo planeado preto da dua casa? En caso afirmativo, únete. En caso contrario, organiza o teu propio evento e engádeo no mapa (facer click no símbolo “+”). Podes atopar unha serie de actividades suxeridas na sección de preguntas máis frecuentes (FAQ).

#April18DoA

Fonte: https://www.globaltradeday.org/?lang=gl

***