Somos

Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP

A finais de Setembro de 2014, constituia-se en Ferrol, nos locais do Ateneo Ferrolán a Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP, para participar no Día de Acción Europea, contra o Acordo Transatlántico de Comercio e Inversión entre EEUU e a Unión Europea (TTIP nas súas siglas en Inglés) e outros tratados como o CETA e TISA, que se realizou o  11 de Outubro de 2014.

O Día de Acción Europea contra o Acordo Trasnatlántico (TTIP).Realizou-se unha Concentración con Asemblea Aberta, ás 6 da tarde no Cantón de Ferrol -Diante do Palco da Música, como mellor xeito de contribuír a acción contra un tratado que se vai poñer por encima dos dereitos humanos e dos pobos, unha supra-constitución antidemocrática que antepón os intereses das grandes corporacións multinacionais, fronte aos dereitos das persoas.

cidadaniacontrattip@gmail.com

***